
Celebremos xuntos o coidado do medio ambiente!
O 5 de xuño é o Día Mundial do Medio Ambiente, e este ano República Corea é o país anfitrión. O tema principal é a contaminación por plásticos.
O 8 de xuño tamén celebramos o Día Mundial dos Océanos. O lema deste ano é “Marabillas oceánicas: soster o que nos sostén”. Todos somos responsables de protexer os nosos océanos e a súa diversidade mariña.
Desde Naturnova celebrámolo tendo unha xornada de portas abertas, o 7 de xuño no noso horario normal, de 17:30-20:30. Estaa xornada estará englobada no plan “Cultura por alimentos” de Afundación que poderás acceder ao noso Centro Interactivo a cambio de alimentos non perecedoiros que irán destinados aos banco de alimentos locais.
Ademais faremos 2 obradoiros de insectos

Ofrecemos uns obradoiros especiais sobre o medio ambiente, achegando estes magníficos animais ao público xeral. Os días 6, 13 xuño de 11:30-13:00 os nenos, nenas e mocidade poderán ver, tocar e aprender da maneira máis lúdica sobre bolboretas, insectos pau xigantes, tarántulas, escorpións e un longo etcétera de bichos.
Esta actividade enmárcase no programa Cultura por alimentos, polo que para o acceso a este obradoiro é imprescindible ter as prazas infantís reservadas e achegar o día do obradoiro de alimentos non perecedoiros destinados ao Banco de Alimentos de Vigo.
Só se fai inscrición dos e das menores, que deberán permanecer no obradoiro na compaña dunha persoa adulta.
Reserva de prazas a través de formulario.