Vestíbulo e submarino

Proxección inicial

A visita comeza cunha proxección que reúne unha serie de imaxes para resumir o contido de Naturnova e, como colofón, unha homenaxe ás xentes do mar e a todos aqueles voluntarios que axudaron a paliar as consecuencias do desastre da marea negra do Prestige.

Marabillas do noso planeta

Aínda que a civilización ocupou a maioría do noso planeta, aínda quedan lugares, en gran parte, non afectados polo home. No globo terráqueo podemos localizar máis de 30 paraísos naturais, como: o Parque Nacional de Doñana, Gran Paradiso, Os Alpes, montes Cairngorm, Canón do Colorado, Tasmania, Everest, Sahara… Unha pantalla permítenos contemplalos e coñecelos.

No fondo da ría

Se hai algo identificativo da paisaxe de Galicia son as súas rías. Pero o seu maior interese está na auga, xa que aí reúnense unhas condicións moi especiais para que nelas existan ecosistemas de gran riqueza e biodiversidade. Non todo o mundo ten a posibilidade de mergullar nos seus fondos, por iso, o centro propón ao visitante unha viaxe submarina en tres dimensións a bordo do noso simulador para coñecer as especies que aí se agochan.

Nunha pantalla, no chan, pódense ver imaxes reais do fondo da ría que son o resumo do vídeo “As Cores do Mar de Galicia”.