Verán 2023

Este verán en Naturnova, durante os meses de xuño e xullo, agardámosvos
cunha divertida actividade: A Xincana de Pintafontes, un percorrido pirata no cal deberedes, por equipos, superar diferentes probas para chegar a coñecer onde se agocha o preciado tesouro de Pintafontes.

Deste xeito aprenderedes sobre o Universo, a Terra e o medio ambiente da
forma máis divertida: descifrando mensaxes en clave, buscando pistas e
utilizando a imaxinación. Vide a Naturnova a disfrutar deste verán dun xeito divertido á par que educativo!

A actividade conta con dous niveis de dificultade:

  • Nivel 1: de 3 a 5 anos. De 10 a 32 participantes (duración aproximada 1h).
  • Nivel 2: de 6 a 12 anos. De 10 a 48 participantes (duración aproximada 1h 30min).

O prezo é de 1€ por participante

A actividade pode realizarse no mes de Xuño de martes a venres e no mes de Xullo de luns a venres. É necesaria reserva previa. Para a consulta de horarios dispoñibles así como para solicitar máis información, non dubidedes en contactarnos a través do teléfono 986120088 ou no e-mail naturnova@afundacion.org.
Moitas grazas!