Características técnicas

O centro Naturnova está formado por 3 salas distribuídas noutros tantos niveis: O Universo, O noso Planeta e O Ser Humano e o seu Medio.

Consta de 40 módulos interactivos que permiten ao visitante atopar respostas para as dúbidas e cuestións que os mesmos suscitan. Cada un deles ten un cartel explicativo do contido e, cando é necesario, un cartel coas instrucións de manexo.

Os computadores manéxanse mediante un rato de bóla que se usa para seleccionar a opción desexada e un pulsador que confirma a nosa elección. As botoneras serven para elixir directamente o que queremos ver.