PROGRAMA DE ACTIVIDADES PRESENCIALES 2025 – 2026:
MISIÓN SALVAR A AUGA
Museo completo| 1º e 2º primaria | 90 min | 2 € escolar | Máx. 65 participantes
A través desta didáctica, os escolares descubrirán a importancia vital da auga, diferenciando entre auga doce e salgada e os seus estados naturais. Achegaranse ao ciclo da auga de forma sinxela e visual, coñecerán animais mariños das nosas rías galegas e reflexionarán sobre a necesidade de coidar este recurso esencial. Unha proposta educativa para formar conciencia ecolóxica desde a infancia.
ASTRO REI, O SOL
Museo completo| 3º e 4º primaria | 90 min | 2 € escolar | Máx. 65 participantes
Nesta proposta didáctica, o alumnado explorará o universo partindo do Sol como a nosa estrela máis próxima, situándoo na galaxia e comparando o seu tamaño con outros astros. Aprenderán a diferenciar entre estrelas, planetas e satélites, descubrindo a importancia do Sol para a vida na Terra. Ademais, achegaranse ás enerxías renovables, especialmente á enerxía solar, como fonte limpa e sostible para o futuro. Un percorrido educativo que mestura ciencia, contorna e conciencia ecolóxica.
ADAPTARSE OU MORRER. O ENXEÑO DOS ANIMAIS
Museo completo| 3º e 4º primaria | 90 min | 2 € escolar | Máx. 65 participantes
Exploraremos o fascinante mundo animal, observando o seu aspecto, as características que posúen e as vantaxes que lles ofrecen para sobrevivir no seu hábitat. Reflexionaremos tamén sobre como os nosos comportamentos inflúen na súa vida, que precisan para vivir e cales son as especies máis abundantes no planeta. Unha proposta que conxuga observación, reflexión e respecto pola biodiversidade.
PLÁSTICOS O INIMIGO INVISIBLE
Museo completo| 5º e 6º primaria | 90 min | 2 € escolar | Máx. 65 participantes
Nesta didáctica afondaremos na problemática da contaminación por plásticos e microplásticos, coñecendo a súa orixe, os efectos que teñen nos océanos, nos animais e mesmo na saúde humana. Reflexionaremos sobre o uso excesivo do plástico na nosa vida diaria e buscaremos alternativas máis sostibles. Unha proposta educativa para fomentar a conciencia ambiental e o compromiso co coidado do planeta.
DESAFÍO NATURNOVA
Visita completa | 3º A 6º PRIMARIA, ESO E BACHARELATO | 90 min | 2 € escolar | Máx. 65 participantes
Disfruta cos módulos interactivos do centro e resolve o desafío que propón Pintafontes.
FEBREIRO
MULLERES NA CIENCIA
Visita completa | 4º A 6º PRIMARIA, ESO E BACHARELATO | 90 min | 2 € escolar | Máx. 65 participantes
Celebra o Día Internacional da Muller na Ciencia visitando as nosas instalacións para aprender sobre as mulleres pioneiras no campo científico. Descubrirás o seu legado e a súa valiosa contribución á ciencia ao interactuar cos nosos módulos interactivos.
RESERVA DE PLAZAS
Todos os centros educativos poden solicitar o reservar unha visita a Naturnova por calquera destas vías:
- Internet: www.escolares.afundacion.org
Encha os datos, seleccione día e hora e marque reservar. A súa petición quedará confirmada automaticamente.
- Correo electrónico: naturnova@afundacion.org
Escríbanos un correo electrónico indicando os datos da súa solicitude: Centro, nº de alumnos, nivel, datas, datos de contacto etc.
- Teléfono: 986 120 088 / 089
Chame, deixe un contacto e poñerémonos en contacto con vostede en canto nos sexa posible.