O universo creouse hai uns 15.000 millóns de anos, nunha enorme explosión coñecida como Big bang. Está poboado de galaxias, inmensas illas de materia compostas por miles de millóns de estrelas, e de nebulosas de gas e po. Algunhas destas galaxias teñen formas irregulares, outras son elípticas e outras de forma espiral. O sistema solar forma parte dun dos brazos da Vía Láctea, unha galaxia en forma de espiral que contén uns 200.000 millóns de estrelas. O centro da nosa galaxia está na dirección da constelación de Saxitario.
Crese que o universo é limitado, que non se estende indefinidamente, aínda que aínda non se puido establecer onde está o límite. Parece ser que é un espazo de 3 dimensións curvado, no que as galaxias se afastan entre si.
Na entrada da sala vemos unha representación do Universo e outra da nosa galaxia, a Vía Láctea.
Galaxias e outros corpos celestes
Neste computador podemos coñecer como se estrutura o Universo e descubrir curiosidades sobre el, tales como: onde nacen as estrelas, que é o Big bang, os buracos negros ou as supernovas, ou por que se producen as choivas de estrelas ?
Sistema solar
Grazas a unha pantalla circular podemos viaxar polo sistema solar. Desde un computador poderemos dirixir a operación e achegarnos aos planetas, marcar os seus nomes, as súas órbitas ou ver como estaban colocados nunha data determinada (a do noso nacemento, por exemplo).
Un computador ofrécenos información sobre os planetas do sistema solar e as condicións que existen neles en relación coa posibilidade de que exista vida, tal e como a coñecemos hoxe.
poderemos saber cando apareceron as
Constrúe un planeta habitable
Neste novo módulo poderás descubrir cales son as claves para que un planeta sexa habitable. Con axuda do noso astronauta poderás elixir as condicións que crees que poden ser máis adecuadas para vivir nun planeta e construír un á túa medida.
Neste novo módulo poderás descubrir cales son as claves para que un planeta sexa habitable.
Realidade aumentada
Nun dos nosos módulos poderás ver en realidade aumentada o noso sistema solar, obter información dos nosos planetas e incluso coa axuda do noso cubo de goma poderás xiralos e observalo por todos os lados.
Túnel de fenómenos atmosféricos
Saímos da sala do Universo e achegámonos á Terra a través da Atmosfera podendo escoitar os ruídos producidos por algúns fenómenos atmosféricos.