Naturnova – STEAM

Convidámosvos a toda a comunidade escolar a participar dun programa de actividades que o Servizo Educativo de Afundación impartirá nos vosos centros e para os distintos niveis de ensino. O noso equipo trasládase onda vós para sumar coñecementos de arte e natureza a través da tecnoloxía con obradoiros de robótica e programación.

Desde Naturnova temos para os alumnos de primaria unha actividade de programación básica con micro:bit e o programa scratch, onde as/os alumnas/os poderán darlle voz aos seus planetas e deixar libre a súa imaxinación cos astros do universo.

Prezo 2€ por alumna/o