
Celebremos xuntos o coidado do medio ambiente!
O 5 de xuño é o Día Mundial do Medio Ambiente, e este ano Costa do Marfil é o país anfitrión. O tema principal é a contaminación de plásticos, e estamos comprometidos en facer a diferenza. Úneche á nosa campaña utilizando o cancelo #SinContaminaciónPorPlásticos.
O 8 de xuño tamén celebramos o Día Mundial dos Océanos. O lema deste ano é “Planeta oceánico: as correntes están a cambiar”. Todos somos responsables de protexer os nosos océanos e a súa diversidade mariña.
Desde Naturnova celebrámolo este mes con diferentes actividades. Teremos dúas xornadas de portas abertas, o 3 e o 10 de xuño no noso horario normal, de 17:30-20:30. Estas dúas xornadas estarán englobadas no plan “Cultura por alimentos” de Afundación que poderás acceder ao noso Centro Interactivo a cambio de alimentos non perecedoiros que irán destinados aos banco de alimentos locais.