Desde 1992 cada 22 de Marzo celébrase o día mundial da auga para lembrar e concienciar á nosa sociedade a importancia de coidar a este ben tan prezado a par que escaso.
Segundo a OMS 2.200 millóns de persoas non teñen acceso á auga potable polo que supón unha gran crise mundial que non fai outra cousa que reafirmar que unha boa xestión hídrica e un saneamento das augas son clave na redución da pobreza, o crecemento económico e a sustentabilidade ambiental.
A auga xoga un papel crave en moitos dos Obxectivos de Desenvolvemento sostible (ODS). É por iso que debemos coidala e desde Naturnova queremos explicarche o seu papel fundamental nalgún deles.

ODS 1. Fin da pobreza. Como citamos anteriormente, 2.2000 millóns de persoas non teñen acceso á auga potable polo que, un acceso a ela proporcionaría unha mellora nas súas condicións de vida e contribuír a saír da pobreza.

ODS 2. Fame Cero. A auga é o principal elemento para unha boa produción da gandería e a agricultura. Un uso eficaz e sostible reduciría a escaseza de alimento no planeta Terra.
ODS 3. Saúde e benestar. O tratamento de auga é fundamental para unha boa saúde na poboación. A auga ten que chegar á poboación, pero ten que chegar en boas condicións para así reducir as enfermidades por contaminación de auga.
ODS 4: Educación de calidade. A auga e un bo saneamento axuda á que os escolares acudan ás clases en moitas zonas do planeta. Un estudo feito Julia Alexa Barde e Juliana Walkiewitcz, da Universidade de Freiburg confirma que o efecto de contar con auga corrente en bo estado ten mellores resultados educativos en familias co mesmo nivel de ingresos.
ODS 5. Igualdade de xénero. A desigualdade tamén está presenta na recolleita da auga, abrigo naqueles países con escaseza dela. A OMS tamén establece que o tempo de desprazamento para a recollida non debería superar os 30 minutos. Estímase que só en África, máis dunha cuarta parte da poboación, a gran maioría mulleres, excede este tempo andando para ir e volver da fonte de auga.
ODS 6. Auga limpa e saneamento. Trátase do ODS principal vinculado coa auga e o desenvolvemento sostible. Unha de cada tres persoas non ten acceso á auga potable. De aquí ao 2030 unha meta deste obxectivo é lograr un acceso universal, equitativo e alcanzable.

ODS 7. Enerxía alcanzable e non contaminante. De aquí a 2030, unha meta deste obxectivo é aumentar considerablemente a proporción de enerxía renovable no conxunto de fontes enerxéticas. A auga exercerá un papel fundamental como fonte de enerxía renovable.

ODS 12: Produción e consumo responsables. Para fabricar os produtos que consumimos utilízase a auga en todo o proceso. Sabías que para producir unhas zapatilla de deporte necesítanse ao redor de 5.000 litros de auga? Por iso é necesario saber que consumimos e como se realizou para unha maior sustentabilidade.
ODS 14: Vida submarina. A relación da auga coa vida neste medio é total. Debemos protexer estes ecosistemas reducindo a contaminación neles e buscando métodos sostibles para a súa explotación.