
O 5 de Xuño, como cada ano desde 1973 celébrase o día mundial do medio ambiente. O obxectivo deste día é concienciar á xente da importancia de respectalo e coidalo. O lema deste ano é “#UnhaSoaTerra” e como país anfitrión a Suecia, onde se farán as celebracións oficiais. En Naturnova queremos celebralo, coma sempre, cunha xornada de portas abertas, polo que este sábado día 11 de Xuño, de 17:30-20:30, poderás vir gozar do noso Centro Interactivo de maneira totalmente gratuíta.
Esta actividade englóbase no programa “Cultura por alimentos”, que nesta ocasión se centra en produtos infanrís, como leite de fórmula e papas ou tarriños
Divírtete descubrindo os segredos dos planetas, visualiza o funcionamento das enerxías renovables ou realiza unha viaxe virtual polo fondo da ría no noso simulador de submarino!
Esperámosvos este sábado día 11 de Xuño!
Para calquera consulta non dubides en chamarnos ao teléfono 986120088 ou en naturnova@afundacion.org