
Queres vivir unha verdadeira aventura en pleno centro de Vigo? Esta Semana Santa Naturnova abre as súas portas para que todos e todas poidades pasar unha estupenda tarde en familia descubrindo os misterios máis fondos da natureza e do medio.
Marca xa no calendario os días 25, 26 e 27 de marzo porque, de 17:30 a 20:30, tes unha cita co noso museo interactivo na rúa Velázquez Moreno. Un museo único na cidade no que poderás facer unha viaxe submarina, tocar unha nube ou adentrarte nas profundidades do Sistema Solar.
Se queres o plan perfecto para a túa familia non dubides en visitarnos.
Ademais, este ano, podes pagar a túa entrada con alimentos, xa que Naturnova súmase ao programa “Cultura por alimentos“, que irán destinados ao banco de alimentos.
Esta Semana Santa esperámoste en Naturnova. Acompáñanos!