Red Natura 2000 e Zonas ZEPAS mariñas. PLANCTON

PLANCTON (Plan de conservación Territorial-ON) é un plan multidisciplinar creado para fomentar conciencia e hábitos sostibles na sociedade en xeral e no sector pesqueiro en particular; impulsando actuacións responsables e compatibles coa conservación do medio ambiente nas Zonas de Especial Protección de Aves ( ZEPA) mariñas de Galicia.

Está promovido por Afundación, a Obra Social de ABANCA en colaboración coa Fundación Biodiversidad, do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, a través do Programa Pleamar, cofinanciado polo FEMP e é complementario ao proxecto LIFE-IP INTEMARES.

Neste video convidámosvos a un paseo pola Rede Natura e as ZEPA mariñas de Galicia