Obradoiro sobre micoloxia

Descubre o asombroso mundo dos fungos con Naturnova! Os fungos desempeñan un papel esencial nos nosos ecosistemas naturais, contribuíndo ao desenvolvemento da biodiversidade de maneira única. A súa capacidade para descompoñer a materia orgánica e facela accesible para outros seres vivos é só unha das súas moitas calidades. De feito, aínda estamos a descubrir as numerosas propiedades ocultas que estes organismos posúen

A investigación e a industria están cada vez máis enfocadas nos fungos, buscando solucións sostibles e ecolóxicas para os desafíos da nosa sociedade. Nesta emocionante viaxe, Naturnova convídate a explorar este marabilloso reino a través de dous talleres interactivos, impartidos por MycoGalicia Plantae

🍄 Taller 1: Introdución á Micoloxía (18 de novembro) – Aprende sobre a bioloxía, taxonomía e ecoloxía dos fungos. – Utilizaremos presentacións visuais e materiais que os máis novos/as poderán explorar ao seu gusto.

🌱 Taller 2: Cultivo de Cogomelos (25 de novembro) – Ademais da introdución á micoloxía, mergullarémoste no mundo do cultivo de fungos. Descubre os aspectos fundamentais e crea a túa propia placa de cultivo que poderás levar á casa.

Ambos os talleres están deseñados para rapazada de 7 a 16 anos, aínda que todas e todos son benvidas! Cada taller ten unha duración de 90 minutos, de 11:30 a 13:00. Asegúrate de vir acompañado por unha persoa adulta que comparta o teu entusiasmo pola natureza e a biodiversidade

Para inscribirse, mediante o seguinte formulario

A actividade é gratuíta a cambio de alimentos non perecedoiros destinado ao banco de alimentos, senon o custo será de 5€/nen@

Únete a nós e mergúllate no fascinante mundo dos fungos con Naturnova!