Obradoiro de bolboretas, insectos e arácnidos

Reserva de prazas a través de formulario.

Uns animais moi especiais visítannos en Naturnova! Cumpren un papel fundamental nos ecosistemas: transportan o pole, abren canles subterráneas axudando plantas e árbores, manteñen o control doutras pragas,  axudan a eliminar animais e vexetais en descomposición, serven de alimento para outros seres vivos… Falamos dos insectos. Ademais do seu importantísimo labor dentro dos ecosistemas, posúen formas, cores e características que os fan especiais e únicos. Se queres descubrir todo isto e moito máis, non dubides en apuntarte.

Este Nadal en Naturnova ofrecemos uns obradoiros especiais sobre o medio ambiente, achegando estes magníficos animais ao público xeral. Os días 27 e 28 de decembro e 3 e 4 de xaneiro, nenos, nenas e mocidade poderán ver, tocar e aprender da maneira máis lúdica sobre bolboretas, insectos pau xigantes, tarántulas, escorpións e un longo etcétera de bichos. O contido adáptase ás idades indicadas para cada sesión.

Esta actividade enmárcase no programa Cultura por alimentos, polo que para o  acceso a este obradoiro é imprescindible ter as prazas infantís reservadas e achegar o día do obradoiro de alimentos non perecedoiros destinados ao Banco de Alimentos de Vigo.

Só se fai inscrición dos e das menores, que deberán permanecer no obradoiro na compaña dunha persoa adulta.

Reserva de prazas a través de formulario.

Entrada: A cambio de alimentos non perecedoiros para o banco de alimentos local con CULTURA POR ALIMENTOS. Senón, cobrarase entrada de 5 € por neno/ a.

Lugar   Centro Interactivo de Educación Ambiental, Naturnova

Velázquez Moreno, 18-20. Vigo

Horario:

11.30 a 13.00 h

Entrada a partir das 11.00 h

Número de participantes:

15 nenos/ as (deberán asistir canda persoas adultas).

27 DEC e 3 XAN | 4 a 9 anos

28 DEC e 4 XAN | 10 a 14 anos

Idades recomendadas, non se impedirá o acceso a idades diferentes ás recomendadas.