Reserva de prazas a través de formulario.
Uns animais moi especiais visítannos en Naturnova! Cumpren un papel fundamental nos ecosistemas: transportan o pole, abren canles subterráneas axudando plantas e árbores, manteñen o control doutras pragas, axudan a eliminar animais e vexetais en descomposición, serven de alimento para outros seres vivos… Falamos dos insectos. Ademais do seu importantísimo labor dentro dos ecosistemas, posúen formas, cores e características que os fan especiais e únicos. Se queres descubrir todo isto e moito máis, non dubides en apuntarte.
Este xuño en Naturnova ofrecemos uns obradoiros especiais sobre o medio ambiente, achegando estes magníficos animais ao público xeral. Os días 7, 14 de xuño de 17:00-18:30 e o día 4, 11 de xullo de 11:30-13:00 os nenos, nenas e mocidade poderán ver, tocar e aprender da maneira máis lúdica sobre bolboretas, insectos pau xigantes, tarántulas, escorpións e un longo etcétera de bichos. O contido adáptase ás idades indicadas para cada sesión.
Esta actividade enmárcase no programa Cultura por alimentos, polo que para o acceso a este obradoiro é imprescindible ter as prazas infantís reservadas e achegar o día do obradoiro de alimentos non perecedoiros destinados ao Banco de Alimentos de Vigo.
Só se fai inscrición dos e das menores, que deberán permanecer no obradoiro na compaña dunha persoa adulta.
Reserva de prazas a través de formulario.
Entrada: A cambio de alimentos non perecedoiros para o banco de alimentos local con CULTURA POR ALIMENTOS. Senón, cobrarase entrada de 5 € por neno/ a.
Lugar Centro Interactivo de Educación Ambiental, Naturnova
Velázquez Moreno, 18-20. Vigo
Horario:
7, 14 de xuño de 17.00 a 18.30 h
4, 11 de xullo de 11.30 a 13:00
Entrada a partir de media hora antes.
Número de participantes:
15 nenos/ as (deberán asistir canda persoas adultas).