
Celebramos o Día Mundial dos Bosques con actividades especiais para toda a familia! En Naturnova, unímonos á concienciación sobre a importancia de protexer e valorar os nosos bosques, e convidámosvos a participar nas seguintes actividades:
Obradoiro de insectos
📅 Data: 21 de marzo do 2025
⏰ Hora: 17:00 – 18:30 (apertura de portas do museo ás 16:30)
Descubre o fascinante mundo dos insectos e o seu papel crucial nos ecosistemas forestais. Neste obradoiro interactivo, aprenderás como estes pequenos seres contribúen ao equilibrio dos bosques e por que son esenciais para a súa supervivencia. Unha actividade perfecta para curiosos de todas as idades!
Esta actividade está englobada no programa Cultura por Alimentos, polo que para acceder a este taller é imprescindible ter as prazas infantís reservadas e achegar o día do taller alimentos non perecedeiros destinados ao Banco de Alimentos de Vigo. Se non se achegan alimentos, cobrarase unha entrada de 5€ por neno/a.
Podes reservar a túa praza a través do seguinte formulario
Exposición: “Un mundo de árbores”
🌳 Data: Sábados desde o 21 de marzo ao 26 de abril do 2025
⏰ Hora: 17:30 – 20:30
Explora a nosa exposición dedicada aos bosques, onde descubrirás a súa biodiversidade, a súa importancia para o clima e a súa relación coa vida na Terra. Ademais, contaremos cunha unidade didáctica específica para que os visitantes poidan profundizar no tema dun xeito educativo e ameno.
🎁 ¡Sorpresa ecolóxica!
Como parte da nosa celebración, regalaremos árbores aos asistentes ata esgotar existencias. Unha forma simbólica de contribuír á reforestación e ao coidado dos nosos bosques.
Non perdas esta oportunidade de conectar coa natureza e aprender como podemos ser parte activa na protección dos bosques.