Celebra o Día do Libro e o Día Mundial da Terra con Naturnova e leva o teu!

Con motivo do Día do Libro e o Día Internacional da Terra, e co fin de incentivar a lectura na xente nova, pomos á túa disposición en Naturnova unha serie de libros infantís que se poderán adquirir a cambio de alimentos non perecedoiros, destinados ao Banco de Alimentos de Vigo, baixo o programa solidario CULTURA POR ALIMENTOS

Unha iniciativa que comeza o 23 de abril e que se manterá até o sábado 30, incluído, até esgotar existencias.