Con motivo do conflito armado que sofre Ucraína, En Afundación, en colaboración con ABANCA, iniciamos unha campaña solidaria para atender as necesidades máis urxentes da poboación afectada polo conflito.
Estes días nas nosas instalacións recolleremos:
– Alimentos preconizados en latas (non vidro)
– Conservas en lata
– Produtos de alimentación infantil
– Produtos de hixiene infantís e femininos
– Material de primeiros auxilios.
Por se queredes achegar algunha cousa coa vosa visita ao noso centro, durante os vendeiros días en Naturnova, poderanse depositar produtos e/ou alimentos de todo aquel ou aquela que queira colaborar.
Recadación de fondos e donativos
Habilitamos unha conta solidaria propia co fin de recadar fondos destinados a Save the Children e Cruz Vermella para atender as necesidades máis urxentes da poboación afectada polo conflito.
Se desexas colaborar podes realizar un donativo sen ningún tipo de comisión na conta ES80 2080 7208 3385 3000 7122.
Tamén serán gratuítas todas as transferencias que se realicen a Ucraína desde as contas de ABANCA.