Bacterias “come-plásticos”?

Esta interesante charla TED da microbióloga Morgan Vague, cóntanos que algunhas bacterias desenvolveron a calidade para comer plástico, polo que poderían ser de gran axuda para evitar o crecente problema da contaminación por plásticos. Convidámosvos a prestarlle atención 10 minutos a este interesante relatorio.

Desde Naturnova Centro Interactivo de Educación Ambiental e Afundación Obra Social Abanca, estamos a traballar por unha Educación Ambiental libre de plásticos para iso temos unha didáctica sobre a contaminación de plásticos para grupos en Naturnova e na nosa sede en Vigo podedes visitar unha exposición chamada Nuestro Planeta,deixámosvos aquí a visita virtual.