ABELLAS. O zunido da vida

Sabías que as abellas son as arquitectas silenciosas da nosa biodiversidade? Este mes de abril e maio, en Naturnova convidámoste a mergullarte no fascinante mundo da colmea coa nosa nova exposición temporal.

As abellas son moito máis que produtoras de mel: a súa incansable tarefa de polinización é a peza clave que permite que as plantas e os alimentos que consumimos sigan existindo. Sen elas, o equilibrio do noso planeta estaría en perigo.

Nesta mostra, desenvolvida en colaboración coa Agrupación Apícola de Galicia, poderás explorar desde a vida na colmea ata os desafíos actuais aos que se enfrontan.

Queremos que a túa visita sexa especial. Por iso, preparamos unha serie de incentivos para os máis pequeñ@s que se acheguen a coñecernos:

  • Un detalle exclusivo: Todos os visitantes recibirán un pequeno agasallo relacionado coa temática da exposición, ata esgotar existencias.
  • Caderno divulgativo: Levarás para a casa unha guía completa para afondar no mundo da apicultura e a sustentabilidade.

Obradoiro de extracción de mel:

O 15 de maio, poderás vivir en directo o proceso de extracción de mel, unha experiencia única para conectar coa natureza de forma práctica. A maiores, tamén haberá como complemento un obradoiro de arte plástica sobre a temática que poderán levar para a casa.

Inscrición a través deste formulario

Horario: 15 de maio de 17:00 a 18:30 h

Esta actividade enmárcase no programa Cultura por alimentos, polo que para o acceso a este obradoiro é imprescindible ter as prazas infantís reservadas e achegar o día do taller alimentos non perecedoiros destinados ao Banco de Alimentos de Vigo; en caso contrario, cobrarase unha entrada de 5 €/nen@.