O 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, e en Naturnova queremos sumarnos a esta conmemoración dedicando todo o mes de febreiro a recoñecer o traballo e a contribución de sete mulleres científicas que marcaron a historia cos seus descubrimentos e innovacións.
Durante este mes, poderás visitar os nosos roll-up informativos, onde coñecerás a vida e os logros destas mulleres pioneiras.
📍 As visitas poden realizarse os sábados de 17:30 a 20:30 h.
Ademais, ofrecemos unha actividade didáctica especial para escolares, dispoñible de martes a venres, pensada para inspirar ás novas xeracións e espertar a súa curiosidade científica. (É necesaria reserva previa).
E iso non é todo: o equipo educativo de Afundación creou unha serie de contos ilustrados que resumen de forma amena a vida e os logros destas científicas.


Conto Cristina Romera. Científica mariña


Conto Mary Anning. Paleontóloga


Conto Aida Fernández. Oceanógrafa
