
Sabías que un eclipse é moito máis ca unha sombra pasaxeira?
Este mes de xuño e xullo, en Naturnova convidámoste a mirar ao ceo e mergullarte no fascinante universo dos fenómenos celestes coa nosa nova exposición temporal.
As eclipses son un dos espectáculos máis impresionantes do cosmos: un baile perfecto entre a Terra, a Lúa e o Sol que fascinou á humanidade desde o principio dos tempos. Comprendelos axúdanos a descifrar os segredos do noso sistema solar e a valorar a fraxilidade e beleza do noso propio planeta.
Nesta mostra, desenvolvida en colaboración coa Asociación Galega de Astrofotografía Polaris, poderás explorar desde a ciencia que agocha unha eclipse ata as impresionantes imaxes do universo capturadas por astrofotógraf@s expert@s, descubrindo os desafíos de retratar o universo.
Queremos que a túa visita sexa especial. Por iso, preparamos unha serie de incentivos para os máis pequen@s que se acheguen a coñecernos:
- Un detalle exclusivo: Todos os visitantes recibirán un pequeno agasallo relacionado coa temática da exposición, ata esgotar existencias.
- Caderno divulgativo: Levarás para a casa unha guía completa para profundar no mundo da astronomía e a observación do cosmos.
Obradoiros Infantís: Convértete en astrofísic@!
Para vivir a experiencia de forma totalmente práctica, contaremos con 4 obradoiros únicos onde aprenderemos ciencia en directo e realizaremos un taller de artes plásticas temático que os nenos e nenas poderán levar para a casa.
Inscrición a través deste formulario
- Horario: 23, 25, 30 de xuño e 2 de xullo de 10:30 a 12:30 h.
Esta actividade enmárcase no programa Cultura por alimentos, polo que para o acceso a este obradoiro é imprescindible ter as prazas infantís reservadas e achegar o día do taller alimentos non perecedoiros destinados ao Banco de Alimentos de Vigo; se non, cobrarase unha entrada de 5€ por nen@.