Visitas escolares presencial

PROGRAMA DE ACTIVIDADES PRESENCIAIS 2026 – 2027:

O BOSQUE DAS CATRO CORES

Museo completo| 4º e 5º de infantil, 1º de primaria  | 75 min | 2 € escolar | Máx. 48 participantes

A través desta proposta didáctica, os máis pequenos descubrirán as catro estacións do ano e os cambios que se producen na natureza. De forma lúdica e sensorial, aprenderán a recoñecer as diferentes condicións meteorolóxicas, a vestimenta axeitada e as transformacións da flora e da fauna na primavera, no verán, no outono e no inverno. Unha experiencia educativa deseñada para estimular a observación, a curiosidade e a conexión co contorno desde a infancia.

A CURIOSIDADE ANIMAL

Museo completo| 1º e 2º de primaria  | 90 min | 2 € escolar | Máx. 65 participantes

A través desta proposta didáctica, os escolares aprenderán a diferenciar entre seres vivos e seres inertes, adentrándose na riqueza do reino animal para distinguir entre vertebrados e invertebrados. Descubrirán a fauna máis emblemática de Galicia e comprenderán como os seres vivos se relacionan entre si e co seu medio natural. Ademais, reflexionaran sobre os perigos que ameazan a estes animais e a necesidade urxente de protexelos, fomentando a conciencia ecolóxica e o respecto pola biodiversidade desde a infancia.

ESCAPANDO DO ESPACIO

Museo completo| 3º e 4º primaria  | 90 min | 2 € escolar | Máx. 65 participantes

Os escolares embarcaranse na emocionante aventura de «Escapando do espazo», onde terán que resolver diferentes enigmas e acertijos sobre o universo, os planetas e as estrelas para superar o desafío. A través do xogo de escape e do traballo en equipo, porán a proba os seus coñecementos sobre astronomía, desenvolvendo o pensamento lóxico, a curiosidade científica e a resolución de problemas mentres desvelan os misterios do cosmos.

ADAPTARSE OU MORRER. O ENXEÑO DOS ANIMAIS

Museo completo| 3º e 4º primaria  | 90 min | 2 € escolar | Máx. 65 participantes

Exploraremos o fascinante mundo animal, observando o seu aspecto, as características que posúen e as vantaxes que lles ofrecen para sobrevivir no seu hábitat. Reflexionaremos tamén sobre como os nosos comportamentos inflúen na súa vida, que precisan para vivir e cales son as especies máis abundantes no planeta. Unha proposta que conxuga observación, reflexión e respecto pola biodiversidade.

VISITA COMPLEMENTARIA EXPERIENCIA HÁBITATS

Museo completo| 3º de primaria a 4º da ESO  | 45 min | 2 € escolar | Máx. 65 participantes

Visita complementaria a la experiencia inmersiva Hábitats para trabajar los temas tratados en la experiencia.

ESPECIES INVASORAS

Museo completo| 5º e 6º de primaria 1º e 2º da ESO  | 65 min | 2 € escolar | Máx. 65 participantes

Os escolares descubrirán o impacto das especies invasoras nos ecosistemas de Galicia. Aprenderán a identificar as plantas e animais non autóctonos máis frecuentes da nosa contorna e comprenderán os riscos que representan para a biodiversidade e as especies nativas. Unha experiencia educativa deseñada para fomentar a conciencia ambiental, o respecto polo patrimonio natural galego e a importancia da súa conservación.

DESAFÍO NATURNOVA

Visita completa | 3º A 6º PRIMARIA, ESO E BACHARELATO | 90 min | 2 € escolar | Máx. 65 participantes

Disfruta cos módulos interactivos do centro e resolve o desafío que propón Pintafontes.

FEBREIRO

MULLERES NA CIENCIA

Visita completa | 4º A 6º PRIMARIA, ESO| 90 min | 2 € escolar | Máx. 65 participantes

Celebra o Día Internacional da Muller na Ciencia visitando as nosas instalacións para aprender sobre as mulleres pioneiras no campo científico. Descubrirás o seu legado e a súa valiosa contribución á ciencia ao interactuar cos nosos módulos interactivos.

RESERVA DE PLAZAS

Todos os centros educativos poden solicitar o reservar unha visita a Naturnova por calquera destas vías:

Encha os datos, seleccione día e hora e marque reservar. A súa petición quedará confirmada automaticamente.

  • Correo electrónico: naturnova@afundacion.org

Escríbanos un correo electrónico indicando os datos da súa solicitude: Centro, nº de alumnos, nivel, datas, datos de contacto etc.

  • Teléfono: 986 120 088 / 089

Chame, deixe un contacto e poñerémonos en contacto con vostede en canto nos sexa posible.