SÁBADOS EN NATURNOVA

¿Todavía non visitáchedes o noso centro? ¿Non tedes plans para o sábado pola tarde? Vide a aprender en familia e desfrutar de Naturnova!

 

A partir do sábado 7 de Outubro, Naturnova abre as súas portas para o público en xeral tódolos sábados pola tarde de 17:30 a 20:30 ata o final do mes de Xuño. Poderedes realizar unha viaxe nun submarino polo fondo da ría de Vigo, visitar a nosa galaxia ou tocar unha nube, todo isto sen saír do museo! Ademáis, só durante o mes de Outubro, se respostades correctamente ás preguntas do noso querido Pintafontes, agasallarémosvos á saída. Aceptades o reto?

O prezo é de 3 € para os adultos e 2 € para os nenos (os menores de 5 anos non pagan), e para grupos de 10 ou máis a entrada é de 1 € por persoa (recomendamos chamar ó Tlf. 986120088 ou enviar un email a naturnova@afundacion.org para reservar).

Agardámosvos!!