Posible vida en Venus?

Un artigo recentemente publicado na revista Nature Astronomy, titulado Phosphine gas in the cloud desk of Venus, informábanos que se descubriu grandes cantidades da molécula fosfina na súa atmosfera. Isto indicaría a presenza de vida no noso veciño Venus?

A fosfina é unha molécula composta por un átomo de fósforo e tres átomos de hidróxeno e foi utilizada na antigüidade como insecticida ou como arma. No planeta Terra esta molécula pódese crear mediante dous procesos, unha xerada por humanos e outra se xera por bacterias anaeróbicas (bacterias que non necesitan o osíxeno para vivir). Con todo, noutros planetas do sistema solar, como o noso xigante gaseoso Xúpiter, créase de maneira totalmente natural por un proceso alleo á presenza de vida.

A orixe das altas concentracións de fosfina en Venus de momento é inexplicable, polo que os investigadores non descartan que a súa orixe sexa biolóxico, pero hai que ter precaución porque a presenza do gas podería ser por un proceso xeolóxico ou atmosférico.

En conclusión, Poderiamos afirmar a presenza de vida en Venus? A resposta é non, haberá que seguir investigando para comprobar a orixe desa gran cantidade de concentración de fosfina na atmosfera.

Bibliografía:

  • Greaves, J.S., Richards, A.M.S., Bains, W. et al. Phosphine gas in the cloud decks of Venus. Nature Astronomy (2020)
  • Sergi Alcalde. Qué sabemos sobre los indicios de vida en Venus. National Geographic (2020)