Noite Branca en Naturnova

Este sábado día 11 de agosto de 18:00-23:00, ven gozar das instalacións do noso Centro Interactivo de forma totalmente gratuíta con motivo da celebración da Noite Branca deste ano 2018. Durante o percorrido poderedes descubrir das curiosidades dos planetas, observar os fenómenos atmosféricos, aprender sobre as enerxías renovables e mesmo realizar unha viaxe virtual no noso simulador de submarino. Esperámosvos!