Naturnova acolle a Sandbox en Galicia

Este Nadal, chega a Galicia ao noso centro de Naturnova, o sorprendente módulo que está presente nos principais centros de divulgación científica do mundo.

Trátase dunha mesa virtual sandbox, tablets con contenidos educativos e outros elementos complementarios que xeran un espazo totalmente integrador. O elemento estrela é a mesa interactiva, que incorpora unha fascinante combinación de xogo tradicional e tecnoloxía. Con ela podemos modelar unha paisaje en relevo, proyectar un mapa topográfico de forma dixital e, por último, incorporar auga, que seguirá os sucos marcados no modelado. Con esta magnífica ferramenta poderemos explorar de forma intuitiva a relación entre xeomorfoloxía e axentes atmosféricos, xogando nunha contorna máxica.

Ven gozar a Naturnova desta interesante novidade, amais de todas as outras curiosidades que temos acotío sobre o universo, o planeta ou o mundo mariño co noso simulador de submarino. Co gallo do Nadal, ademais, teremos actividades especiais e Pintafontes agárdate cun pequeno agasallo!

Abriremos desde o 22 de decembro ata o 4 de xaneiro. De Mércores a venres de 11:30-13:30 e 17:30-20:30  e sábados de 17:30-20:30 agasajados festivos e vésperas de festivo.

Prezo da entrada:

3€ Adultos

2€ Nenas/os (menores de 5, gratis)

Clientes Abanca terán un desconto do 50%