Este nadal Naturnova abre as súas portas! Deixa chegar o espírito das festas aos teus días con nós, pois abrimos o centro interactivo os días 22, 23, 29 e 30 de decembro de 2023, de 17:30 a 20:30. (Pechado o 5 e 6 de xaneiro).
Embárcate na diversión no nadal coa nosa actividade especial, onde a nosa mascota Pintafontes desafíate nun emocionante xogo de preguntas. ¡aña e leva contigo un pequeno agasallo! Antes de marchar, deixa a túa pegada na decoración das nosas árbores de Nadal cunha mensaxe especial.
Este ano, úneste ao noso nobre programa “Cultura por alimentos“. Paga a túa entrada con alimentos non perecedoiros, que serán destinados ao banco de alimentos. É unha oportunidade única para contribuír a unha causa significativa mentres goces da riqueza cultural de Naturnova.
Non perdas a oportunidade de celebrar as festas connosco e compartir a ledicia da temporada en Naturnova! Agardámosche con brazos abertos para unha experiencia inesquecíbel de educación ambiental e diversión festiva!