Programación curso 2017/2018!

Naturnova xa ten todo listo cara o próximo curso escolar! Estas son as actividades que temos para gozar do centro interactivo no curso 2017/2018:

DESCUBRINDO OS MISTERIOS DO SOL

1º a 3º de primaria. 75 min. Máx. 48 participantes

Aprende diferentes curiosidades do sol e estache moi pendente para resolver as dúbidas de Pintafontes.

ASTRO REI, O SOL

4º a 6º de primaria. 75 min. Máx. 48 participantes
Que sabes do sol? Como é o seu tamaño en comparación con outras estrelas e cos planetas do sistema solar? Como podemos facer un bo uso del?

DESAFÍO NATURNOVA

3º a 6º de primaria, ESO e bacharelato. 90 min. Máx. 65 participantes
Goza cos módulos interactivos do centro e resolve o desafío que che propón a nosa mascota Pintafontes.

ESPECIES INVASORAS EN GALICIA

5º e 6º de primaria, ESO e bacharelato. 90 min. Máx. 32 participantes
Coñecemos as especies invasoras en Galicia e os problemas que causan nolos nosos ecosistemas. Que podemos facer nós?

Contesta todas estas preguntas visitando o noso centro interactivo!